“Non sei falar en castelán e tampouco sei escribir en galego”

Dolores Blanco ten 50 anos e é limpadora. Naceu en Visantoña, no concello de Mesía e considérase galegofalante porén sabe cales son as súas limitacións en torno á lingua debido á súa carencia educativa.
Dolores foi escolarizada en castelán durante os anos 60. Aos escasos coñecementos que adquiriu na escola engádeselle a cuestión de que non estudou en galego. Agora reflexiona sobre o feito de que grazas ás súas criaturas reencontrouse co galego. Cando as súas fillas e fillos asistían ás aulas daquel antigo preescolar na casa ela “descubría” o galego xunto coas súas crianzas. Ao non ser escolarizada na súa lingua, Dolores, aínda considerándose galegofalante, non admitía como propias certas palabras ou expresións. Foi así como aprendeu moitas cousas ao tempo que aprendían as máis cativas e cativos.
Porén hai unha reflexión máis profunda. Ela confesa que “non sei falar en castelán, nin sei escribir en galego”. Para ela o galego é a súa lingua, a lingua de sempre e na que se sente cómoda porén nunca escribiu ou leu (até pasados moitos anos) en galego. O coñecemento, para ela, está relacionada co castelán.
Agora Lolita ten unha carencia que radica na imposibilidade de defenderse 100% nunha lingua, nin na súa nin na allea.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Unha resposta a “Non sei falar en castelán e tampouco sei escribir en galego”

  1. Pingback: “Non sei falar en castelán e tampouco sei escribir en galego”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s