Dúas caras dunha mesma moeda

Nunha conversa moi persoal, Pilar Barral fálanos como sentiu nas súas carnes a presión da sociedade por falar galego. Foi obxecto de burlas por usar a súa lingua e ter un acento moi marcado o que provocaba que nalgúns momentos intentase falar castelán. E ese feito, á súa vez, provocaba máis risas e máis desprezos porque o acento galego agudizábase aínda máis.
Para ela, desprezar o galego e os seus rasgos característicos como é a fonética e o acento é desprezar as marcas de identidade, a esencia e a forma de sentir dun pobo.
No entanto, Pili non deixou de posicionarse defendendo o seu carácter e a súa lingua, porque ámbolos dous van moi pegados.

Así mesmo temos outra cara da moeda da que non se fala tanto.
No proceso de substitución lingüística que tivo lugar no país a cadaquén tocoulle vivencialo dunha beira ou da outra, mais é ben certo que a poucas persoas lles resultou indiferente; desde a represión da que xa nos falaron até o alivio nas cativas e cativos castelán falantes que eran conscientes de que utilizaban a lingua de prestixio, e que polo tanto nunca serian obxecto de burla por parte das súas compañeiras e compañeiros ou do profesorado. É o caso de Cristina Brión Calo, español falante procedente dun entorno galego falente, consciente da represión xeolingüística que soportaron as súas compañeiras de pupitre e da que ela “se salvou”

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Unha resposta a Dúas caras dunha mesma moeda

  1. Pingback: Dúas caras dunha mesma moeda | Ascandongasdoquirombo's Blog

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s