Xa acabamos as gravacións!!!

Unha das partes máis duras deste traballo, aínda que tamén divertidas, son as gravacións. Viaxamos dun lado a outro por diferentes lugares da Galiza e fomos recollendo as impresións das persoas entrevistadas.
A veces, as gravacións resultan perfectas, non só tecnicamente falando. Algunhas das persoas entrevistadas teñen un discurso moi interiorizado froito dos cuestionamentos e reflexións sobre a lingua e as súas problemáticas no noso país.
Outras veces, as gravacións caen por problemas técnicos ou porque quen se encontra diante da cámara non está cómoda e tende a facerse pequena ante un obxectivo.
Cando realizas un documental nunca sabes que é o que che van a dicir e cómo cho van a contar. Non podemos influír nas súas opinións e tampouco nas súa forma de falar. Por iso, cando nos decidimos a realizar este documental sabiamos que certos aspectos non dependian directamente de nós mesmas. Así foi o caso dunha entrevista que realizamos en Lira a María Dolores Saborido, Mariló. Cando falamos previamente con ela pensamos que podería ser unha desas persoas das que sacariamos un material interesante para o contido do documental. Mais unha vez que fixemos a gravación, aquilo que nos contou non daba moito xogo e caéunos a gravación.
No entanto, tivemos outras entrevistas que foron unha sorpresa grata. Entrevistas curtas de escasos 10 minutos ofrecéronnos un discurso moi directo e interesante. Este foi o caso de Mark Wiersma que nos falou sobre a “trasversalidade” do galego e a maneira de “resistir” ante un mundo globalizado que nos encamiña cara un pensamento (e polo tanto lingua) único.

Agora estamos rematando a edición de todas as entrevistas para ofrecervos as súas palabras. Nos próximos días colgaremos os detaques máis relevantes das úlitmas persoas que gravamos.
Xa, pouco a pouco, vamos aproximándonos ao fin do proceso da creación deste documental e en breves poderemos colgar na rede o produto completo que resultará das gravacións e do guión previo.

A valoración final, despois de rematar as entrevistas e con varios días por diante para rematar a montaxe, é moi positiva. Aprendimos moito con esta experiencia. Aprendimos cousas novas en torno á realización dun produto audiovisual destas caractarísticas. Aprendimos como xestionar ás persoas e os escasos recursos cos que contamos. Aprendimos a revalorizar o que temos e o que é noso. Aprendimos a emocionarnos con pouco e a ser coitelosas si as situacións o predeterminaban.
En fin, unha nova experiencia para gardar no peto con moito cariño e paixón.
Unha experiencia que non acabará no final do documental e que esperamos que teña unha grande proxección no futuro.

Agora xa queda menos para poder colgar a derraira versión da montaxe final do documental… esperade só uns días que pronto chega!!

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s