Cadeas non apresan

Hai prisións que pechan os nosos corpos, illándonos, evitando tocar outros corpos. Outras prisións, tentan pechar os nosos pensamentos e a poesía que deles manan. Cadeas con muros que nos deixan dentro ou que nos manteñen fora, son muros que nos separan, muros que hai que tombar.

As imaxes deste vídeo amosan a antiga cadea provincial da Coruña en Monte Alto. Unha cadea que pechou a milleiros de persoas e que serviu, durante a Guerra Civil e a ditadura ás demandas da represión fascista. Alguns dos presos políticos e comúns que alí estaban mirando ao mar non chegaron a saír con vida. Outros si, axudados tamén polas familias e amizades que desde fora e con xenerosidade mantiñan vivas as súas forzas e esperanzas.

Hoxe a cadea está baleira, oxidada como haberían de estar todas as prisións. Baleiras de presas que por pensar diferente ou non encaixar no noso mundo viven condenadas á represión e illamento baixo un sistema que non deixou de ser fascista.

Estas imaxes amosan unha cadea con nomes e apelidos, mais falan de todas as cadeas.

Nós cremos que os terroristas e ladróns son outros. Son os que viven sangrando á xente neste sistema capitalista, patriarcal e opresor. E precisan continuar con este sistema para seguir vivindo ben, pechándonos en celdas sen xanelas.

Cada un dos muros que nos illan, muros de cemento ou de pensamento, son muros opresores para derrubarmos todas xuntas.

Cadeas non apresan, ceiban loitas.
Duración: 1’27”
Música: Step Down de Pipo Pegoraro.
As Candongas do Quirombo.
Maio 2013.

Esta entrada foi publicada en Cadeas non apresan, Videopoemas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s