Cuidadanas

Dos rostros que tamén sorrín, contentas.
De loitadoras diarias que nos contan as súas experiencias, que nos deixan ver as súas vidas.
De mulleres sinxelas e grandes que nos coidan.
Dos versos de Ana Romaní:
[…]
Na violencia extrema da vida diaria, da negociación na renuncia.
Nos traballos de prestado, sen dereitos, sen dereito.
[…]
No escuro da casa.
Nos coidados dos corpos enferemos e exhaustos que ninguén coida,
aí no escuro da casa.
No desgaste óseo de anos en vixilia.
[…]

Do recoñecemento. Da aprendizaxe. Do apio. Da visibilidade.
Daquí sae este vídeo. CUIDADANAS.

Fai un ano tivemos un encargo da Fundación Mujeres para crear un vídeo en torno ao proxecto integral Cuidadanas. Déronnos liberdade creativa e finalmente fixemos esta peza audiovisual para mostrar con claridade e desde a propia experiencia en qué consiste este proxecto. Espallado por diferentes cidades do Estado Español o proxecto está dirixido á mellora da saúde e calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar mediante a presentación dun servizo de apoio integral. O servizo comprende actuacións como orientación e asesoramento especializados, apoio psicolóxico e emocional, talleres formativos, grupos de axuda mutua e acompañamente a persoas maiores dependentes. Na actualidade desenvólvese na Coruña, Xixón, Cáceres, Córdoba e Madrid aínda que con menos recursos e persoal debido ás consecuencias dos xa coñecidos recortes do governo central.

E aínda que xa pasou un ano nós seguimos lembrándonos daquelas mulleres poderosas, fortes, loitadoras e sorrintes que coñecimos por traballo e ficaron nos nosos corazóns pola emoción.

*[Este vídeo é a versión en galego modificada con respecto á orixinal]

CUIDADANAS
Fundación Mujeres.
As Candongas do Quirombo.
Coordinadora do vídeo: Mónica González Quintana.
Cámaras: Melania Fraga en Xixón. Andrea Nunes e Raquel Rei na Coruña.
Montaxe: As Candongas do Quirombo.
Versos: Ana Romaní.
Duración: 7’40”
Música: Funetic de Poursiete / Abrente de Roberto Taboada / Chant 1 de Bruce / Desde mi libertad de Ana Belén
Xaneiro 2012.

Agradecementos especiais: Mónica Quintana, Mayte Alonso, Palmira Castro, Rocío Fraga e Melania Fraga.

Licença Creative Commons
O trabalho Cuidadanas de As Candongas do Quirombo foi licenciado com uma Licença Creative Commons – Atribuição-NãoComercial-SemDerivados 3.0 Não Adaptada.
Com base no trabalho disponível em https://vimeo.com/55674392.
Podem estar disponíveis autorizações adicionais ao âmbito desta licença em https://ascandongasdoquirombo.wordpress.com/.

Estas entrada foi publicada en Cuidadanas, Traballos por encargo coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s