Ferida Arrel: María-Mercè Marçal

Din que cando botas a andar non sabes a onde podes chegar…

Nós, botamos a andar e tampouco sabemos a onde chegaremos. O que si sabemos é que facemos paradas. Paradas para descansar, para falar, para comer, para pensar, para mirar, para rir, para crear…

Ens vam posar a caminar i avui hem arribat fins a la MARIA-MERCÈ MARÇAL.
Ens vam posar a caminar i avui, també, hem arribat a la XX Mostra de Films de Dones de Barcelona.

As Candongas do Quirombo vimos de participar no proxecto FERIDA ARREL: MARIA-MERCÈ MARÇAL. Un filme colectivo arredor da figura da poeta catalana Maria-Mercè Marçal composto pola mirada de 22 realizadoras de diferentes xeracións que se adentran na súa vida e obra para reflexionar sobre a construción da mirada e identidade femenina.

Fai meses propuxéronnos participar neste proxecto e como non queríamos negarnos a colaborar nunha cousa tan bonita dixemos que si. Foi entón que fixemos unha pequena parada no noso camiñar e comezamos a parir un novo videopoema que compartiría con outras 21 obras un pequeno espazo neste filme colectivo.

Pero o camiño levounos aínda máis lonxe e chegamos tamén á XX Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona. O filme Ferida Arrel inaugurou a Mostra que se celebra na cidade condal entre os días 8 e 17 desde mes de xuño.

E aínda que subiremos o videopoema á rede en breve, o filme completo poderase volver a ver o día 15 de xuño no Centre de Cultura de Dones F. Bonnemaison ás 17.30 horas. Por iso, animamos a todas aquelas persoas que anden por Barcelona que vaian a ver este filme porque é máis un unha proposta artística. É un homenaxe. É, tamén, poesía.

Estas entrada foi publicada en Ferida Arrel, Videopoemas coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s