A memoria da lingua. Tradución éuscaro


En tempos de crises económicas non podemos esquecernos que temos moito que perder. Non só os nosos traballos ou os nosos cartiños metidiños no banco corren perigo. Tamén vai camiño de extinguirse a nosa dignidade como persoas. Os nosos dereitos máis básicos están sendo atacados desde o dereito á sanidade pública, gratuíta e universal até o dereito a vivir nunha casa digna ou ter que comer.

En tempos de crise temos que recordar que somos moito máis que os 1.053€ que temos na conta bancaria, somos máis que os nosos coches, que as nosas segundas vivendas na costa, que os eucaliptos plantados para sacarnos dun apuro, que a roupa de marca que levamos posta…

En tempos de crise temos que lembrar que no futuro non poderemos recuperar aquelas cousas que hoxe perdemos.

Fai dous anos fixemos o documental A memoria da lingua. Unha curta de 36 minutos que fala nunha e dunha lingua que estamos perdendo. Céntrase en aspectos sociolingüísticos que afectan ao noso idioma e ás persoas que o falan. E aínda que xa pasou tempo desde a súa publicación na rede, hoxe recuperamos o documental pero esta vez con unha novidade: a tradución ao éuscaro. Grazas á colaboración de Aroa Huarte Zubillaga podemos contar cos subtítulos nunha lingua que tamén loita por manterse viva. Obrigadas Aroa.

E para despedirnos mellor facelo coas palabras dun das e dos protagonistas:

– “A través do galego desenvólvese unha ética de resistencia. […] Na maneira en que empregamos o galego, eso tamén é unha forma de resistir, pero non só na fala, tamén na acción.
Galizieraren bitartez erresistentzia-etika bat garatzen da. Galiziera erabiltzea baita ere erressititzeko modu bat da, eta ez bakarrik hitzez, baita ekintzez ere“. Mark Wiersma.

– “Falar galego supoñia un cambio… ou a miña aportación para cambiar esas sociedade que no me gustaba. E Derek Walcott ten un verso que di: se cambias de lingua, cambias de vida.
Galizieraz hitz egiteak aldaketa bat suposatzen zuen… nire ekarpena, gustatzen ez zitzaidan gizarte hori aldatzeko. E Derek Walcott-et badu bertso bat, non esaten duen: “hizkuntza aldatzen baduzu bizitza aldatzen duzu.“. Séchu Sende.

– “Porque a lingua é… somos nós, é todo.
Zeren eta hizkuntza… gu gara, eta dena da.” Montse Sánchez.

– “É o peor que nos pode pasar. A min que se perdera a relixión non me importaba nada pero que se perda a lingua…
Horixe da pasatu ahal zaigun gauzarik okerren-okerrena. Niri erlijioa galtzea ez litzaidake bat ere inportako, baina hizkuntza galtzea…” Marisa Beiro.

– “O galego ten aínda moitas cartas que xogar, ten aínda moito por facer…
Beraz galizierak oraindik badu zer jokatu, asko dauka oraindik egiteko…” Goretti Sanmartín.

Estas entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s