A festa da auga

A festa de auga celébrase en Vilagarcía de Arousa desde os anos 80. Nunha ocasión, na festa do San Roque, despois da procesión, os feligreses que levaban os santo ás costas pedíronlle á veciñanza que lles tirase auga xa que “morrian” de calor.
E así foi, de xeito espontáneo, como comezou unha das festas que na actualidade reune a máis persoas na Galiza.

No 2011 os xornais resaltaban que entre 30.000 e 40.000 persoas se achegaron até Vilagarcía para gozar da festa. Pero o que non conseguimos atopar nos mesmos xornais foi a cantidade de auga utilizada para amenizar a festa.

[Imaxinemos que por cada persoa que se achegou a Vilagarcía o pasado 16 de agosto se gastaron unha media de 100 litros (cantidade que non semella moi descabellada vendo as imaxes). Se contamos que foron 30.000 as asistentes, o resultado total de litros utilizados serían uns 3.000.000.]

O Encoro do Con foi construído para abastecer o consumo de Vilagarcía de Arousa. Na actualidade só é capaz de suministrar auga ao 20% da súa poboación, mentres que o resto de consumo provén do río Umía e outros pequenos encoros.
O mesmo día que se celebrou a festa da auga este encoro estaba por debaixo do 20% da súa capacidade total. Días máis tarde subiu até o 33%, porcentaxe que seguía sendo crítica nun verán con problemas de sequía, que a propia vila de Vilagarcía sofreu.

Hai que dicir a reserva de auga dos encoros depende de dúas variantes fundamentais: a primeira é o consumo e a segunda as choivas.
A publicidade pode chamarlle a Galiza a terra da auga porén o certo é que, no 2011 as primeiras choivas signficativas do outono non chegaron até Novembro.

MICRODOCUS: DO MAR E OUTROS LADRILLOS.
Duración: 3’32”
Duración: 2’16”
Música: Solpor de Roberto Taboada
As Candongas do Quirombo e Asoc. Medioambiental As Lobeiras.
Licenza: Creative Commons Recoñecemento, Non Comercial e Non Derivados.
Febreiro 2012.

Licença Creative Commons
O trabalho A festa da auga. Do mar e outros ladrillos de As Candongas do Quirombo e Asoc. Medioambiental As Lobeiras foi licenciado com uma Licença Creative Commons – Atribuição – NãoComercial – CompartilhaIgual 3.0 Não Adaptada.
Podem estar disponíveis autorizações adicionais ao âmbito desta licença em https://ascandongasdoquirombo.wordpress.com/.

Estas entrada foi publicada en A festa da auga, Do mar e outros ladrillos, Documentais coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s