MICRODOCUS: DO MAR E OUTROS LADRILLOS

A paixón pola nosa terra, pero un amor máis forte pola boa conservación do medio ambiente, son dous dos motivos que nos levaron a comezar este novo proxecto: MICRODOCUS: DO MAR E OUTROS LADRILLOS.

O punto de partida naceu da man da Asociación Medioambiental As Lobeiras cando nos propuxeron ás Candongas do Quirombo facer un documental onde o medio ambiente ocupase a temática central. Pero como somos moi rabudas e andamos con moitos paxaros na cabeza, todas xuntas pensamos nunha forma un pouco máis rara de contar historias e expresarnos.
Así naceu o proxecto DO MAR E OUTROS LADRILLOS, un conxunto de creacións microdocumentais cuxo lazo de unión é o ecoloxismo (fácil de deducir), cun punto de retranca (porque aínda non a perdemos), onde denunciamos situacións incoherentes, ilóxicas, preocupantes e incluso sangrantes (porque nunca sobra a crítica).

O amor pola nosa terra no sentido máis estricto da palabra, isto é, pola boa conservación do entorno que nos rodea, é a mecha que inicia este conxunto de vídeos en formato micro (4 minutos máximo), desde o documental poético (porque nunca nos esquecemos da poesía) e por fascículos (porque de vagariño tamén chegamos aos sitios).
Todo ben misturado e remexido xerou este coctel molotov que leva tempo querendo prender lume nas nosas e vosas cabezas.

Hoxe traemos o primeiro dos vídeo que conforman este novo proxecto. Un micro-docu estridente pero que responde unha das preguntas máis repetidas e cantadas da historia galega.

Que din os rumorosos?


Microdocus: do mar e outros ladrillos
Duración: 2’16”
Música: Himno galego.
Gravado en Moar, Frades (Setembro 2011)
Producido por: As Candongas do Quirombo e Asoc. Medioambiental As Lobeiras.
Licenza Creative Commons: Recoñecemento, Non Comercial e Non derivados.
Galiza, Febreiro 2012.

Licença Creative Commons
O trabalho Que din os rumorosos? Do mar e outros ladrillos de As Candongas do Quirombo e Asoc. Medioambiental As Lobeiras foi licenciado com uma Licença Creative Commons – Atribuição – NãoComercial – CompartilhaIgual 3.0 Não Adaptada.
Podem estar disponíveis autorizações adicionais ao âmbito desta licença em https://ascandongasdoquirombo.wordpress.com/.

Estas entrada foi publicada en Do mar e outros ladrillos, Documentais, Que din os rumorosos? coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s