Filnalistas no Festibal Baumann c.02

En Terrassa, Catalunya, celébrase desde hai varios anos o festival de Creació Audiovisual Jove Amb B de Baumann c.02. Onte rematou a II edición deste festival que promove a creación audiovisual da xente máis nova de todo o estado español.
E alá enviamos o noso videopoema Todas as Mulleres que Fun.
E até alá chegamos as Candongas despois de ser seleccionadas entre máis de 300 obras para participar na sección oficial organizada en diferentes apartados (ficción, documental, animación, experimental e videoclip).
E alá presentamos a nosa obra grazas á candonga Merçe.
E entre tanto camiño que andivemos e tantas obras que vimos, chegamos a ser FINALISTAS ao Premi del Públic Obra Experimental compartindo status con Gerard Freixes autor de The Homeginics e con El Humanoide do vilagarciense Fran Estévez quen acadou o premio.

Os nosos parabéns a todas as persoas que participaron no festival, ás organizadoras e ao público por levar tan lonxe a nosa obra.

Esta entrada foi publicada en Todas as mulleres que fun (Traducció Catalá), Videopoemas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s