Todas as mulleres que fun

Videopoema incluido no poemario de Andrea Nunes Brións “Todas as mulleres que fun” presentado o 23 Febreiro de 2011.

Gañadora do premio Mellor Curtametraxe en Galego no Festival de Curtametraxes Creative Commons Cinestable 2011 de Ordes.

Finalista no Festival de Creació Audiovisual Jove amb B de Baumann de Terrassa na sección Premi del Públic Millor Obra Experimental.

Esta nostalxia de nome e apelidos
foise delineando en cada unha das paredes desta casa.

Camiñas cara á porta e non dis nada,
eu conteño a respiración e
dóeme a pel de tanto querer prolongarte…

pesa este amor viaxeiro que nos rexistra cada dous días a equipaxe.

Pesan os cadrís que esvaro do teu corpo,
os fillos que non temos preguntan por ti,
teño que nomear cada unha das túas vértebras,
cada un dos teus poros enraizados no mundo
para saber das túas viaxes cara ao meu acento choutador,
de cómo pronuncias unha- xeonllo- fazula
e colgado de ti un letreiro xigante escrito en inglés
que non entendo,
e eu veña a dicir que non importa,
que por unha vez máis abriremos a xanela,
e tentarei sorrir mentres dis «fazula»,
e eu sigo coas miñas meixelas vermellas…

Cómo explicarche que me doe a historia deste país,
explicarche como vai iso de non querer axeonllarme,
de non avergoñarse por dicir aínda-libres
e procuro apresurarme a borrar esas manchas negras de humidade,
para que non semelle que algo vai mal.

E sigo co meu acento cantareiro mentres ti entras pola porta,
e contas os desastres do mundo,
e como é de grande a selva amazónica.

Eu tento finxir que algo do que dis importa,
pero dóeme a pel de tanto querer prolongarte.

Voz: Andrea Nunes Brións e Carol Bret
Gravación de audio: cisma.org
Montaxe (vídeo e son): Raquel Rei
Música: Invited – Triplexity con Jennifer Greer
Duración: 2’27”
As Candongas do Quirombo
Febreiro 2011

Licencia Creative Commons
Videopoema "Todas as Mulleres que Fun" por As Candongas do Quirombo se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.
Permisos que vayan más allá de lo cubierto por esta licencia pueden encontrarse en https://ascandongasdoquirombo.wordpress.com/.

Esta entrada foi publicada en Todas as mulleres que fun, Videopoemas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s