A memoria da lingua. O documental

Comezamos esta nosa andaina no mes de agosto e por aquel entón, no primeiro post, contabamosvos que a nosa intención era facer un documental sobre a memoria da lingua.
Tan só dous meses (e un par de días máis) foi o tempo que tivemos para levar a cabo este proxecto que non só se centra na realización dun documental, senon tamén na difusión da memoria do galego. Porque a nosa lingua tamén ten memoria e esta pervivirá na medida en que nós, galegas e galegos, a traiamos ao presente.
Recuperar as historias vivas, as experiencias, os sentimentos, as impresións, as opinións da xente era un dos nosos obxectivos. Despois de máis de 20 entrevistas a diferentes persoas, de moitas viaxes pola xeografía galega, de reunións, de discursións, de atrancos… e despois de longas noites de montaxe traémosvos o resultado final: A memoria da lingua.
A partir de agora só queda velo e difundilo (se queredes), e quedamos á espera de novas suxestións (se queredes) para seguir traballando (se queredes) a prol da lingua e da súa supervivencia no noso país.
Nós quixemos aportar o noso pequeno grao de area que faga máis grande a montaña de traballos e actitudes a favor da lingua galega. Nós fixémolo con estas imaxes, outras persoas fano con cancións, hai quen o fai escribindo, outras lendo, falando, berrando… mais en calquera caso, a cousa é actuar.
Só esperamos que vos guste… a nós gustounos facelo.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

13 respostas a A memoria da lingua. O documental

  1. noraboísima, un docu que me moveu e removeu. adiante! un bico ben grande dende fóra da terra, pero sempre nela. muaaaaaaaaaa! Ana

  2. Dio di:

    Parabéns rapazas! Encantoume! Con traballos coma este non serán necesarias as pedras contra o poder. Seguide asi!!

  3. Pingback: Memoria da lingua | Ciencias

  4. Pingback: A memoria da lingua. O documental

  5. Pingback: A memoria da lingua « Rodaxe

  6. Pingback: A memoria da lingua « Biblioteca Leliadoura

  7. Pingback: A memoria da lingua « aguado's

  8. alexandre nine ladra di:

    Moveume! Parabéns ás creadoras/realizadoras do documental. Conmoveume esa nai que galego falante aproveita as fichas dás súas fillas para aprender verbas novas. E edificante que xente nova coma os rapeiros usen a lingua e tomen versos de Celso Emilio Ferreiro. Pese a duración do video pasóuseme o tempo voando!

  9. APeeMe di:

    Parabens por esta xoia de documental, fiel reflexo do mundo decadente no que vivimos, no que a xente prefire escalar social e economicamente a custa do que sexa, inclusive da nosa lingua, herdada de xeracion en xeracion dende hai seculos, sen importarlle que non so se esta perdendo unha lingua, senon tamen unha parte de nos, da nosa identidade, da nosa cultura, do noso pobo, dos nosos avos, pais e devanceiros que a coidaron e puliron ao longo de seculos e seculos.
    Urxe tomar medidas eficaces para defender o galego, e se os altos cargos non as queren tomar, debemos loitar para que si as tomen, sen deixarnos esmagar. Debemos concienciar a xente, non so para que use o idioma, senon tamen para que o defenda: na casa, cos amigos, no traballo, en documentos e demais. Hai que facer ver que o galego e un idioma tan digno de ser falado e escrito como calquera outro, e que tanto o pode empregar unha persoa humilde coma unha persoa con diñeiro. ETC ETC
    Queda moito que facer, pero e posible facelo como se dixo no video, non hai que desanimarse.
    Saudos e unha aperta moi forte para tod@s @s que traballachedes na elaboracion deste documental.

  10. Pingback: A memoria da lingua | REPÚBLICA INDEPENDENTE DE RABUÑADE

  11. Pingback: A memoria da lingua | Aulas de Lingua e Literatura Galega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s