“Temos que sair disto e traballar pola lingua”

A historia é o que nós creamos no presente. Unha das razóns polas que nos introducimos neste proxecto foi intentar ter unha incidencia positiva sobre as persoas e que así traten de cuestionarse a situación actual da lingua. E si a historia é presente a situación actual da lingua incidirá en nós e nas persoas do futuro.
Unha das cuestións que realizamos nas nosas entrevistas é aquela que responde a como ven a situación do idioma na actualidade. As respostas son varias e diferentes segundo a situación persoal que viva cada quen. Na actualidade, @s profesionais que se adican ao ensino están moi espectantes pola situación da lingua nas escolas e institutos. Nos encontros que tivemos con profesoras e profesores o tema do novo decreto do plurilingüismo saía das súas propias palabras. Nesta ocasión entrevistamos a Montserrat, profesora en secundaria, quen nos amosa a súa preocupación pola implantación do novo decreto nas aulas e convídanos a “resistir” en todos os ámbitos co fin de defender o uso da lingua galega e os dereitos d@s galegofalantes.
Porque a historia nace do presente, o que hoxe escribimos será o que apareza nos libros dentro duns anos.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Unha resposta a “Temos que sair disto e traballar pola lingua”

  1. Temporalmente emigrada di:

    un documental fantástico, que espero que mova conciencias! como galega e galegofalante este vídeo revolveume a alma, por que o galego á a parte máis viva e característica da miña personalidade. gustaríame poder colaborar convosco na medida do posible. podedes facilitar algún contacto????

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s