“O galego tamén é unha forma de resistir”

Nas continuas gravacións que imos facendo polos diferentes lugares, encontrámonos con persoas que nos fan reflexionar sobre a condición da lingua galega. Non queremos só centrarmonos na memoria histórica, no pasado. Gústanos indagar cales son as reflexións que @s propi@s falantes teñen sobre a nosa lingua.

Nesta nova entrada xuntamos a Loli de Vilaxoán e a Mark de California. Unha conxunción que aparentemente pode dar opinións moi diversas. Porén, no fondo, e transmitido de xeito diferente, están moi próximos. Porque falar unha ou outra lingua implica moito máis que utilizar un ou outro código para expresar pensamentos ou sentimentos.

Mark reflexiona sobre o uso da lingua galega na situación actual. Nun mundo globalizado, o discurso da multiculturalidade é unha arma de dobre fío: o poder apoderouse do significado da palabra baleirándoo de contido. O que provocou é a tendencia cara ao pensamento único, onde a resistencia ten máis forza nos actos cotiás e reflexionados. Falar galego pode ser un deses actos de resistencia, de boicot ao sistema global, ao pensamento único. Nas palabras de Mark Wiersma hai unha reflexión profunda sobre o uso das linguas que transcende a simple comunicación entre unha panadeira e a súa cliente: “Na medida en que empregamos o galego tamén é unha forma de resistir, pero non só na fala, tamén na acción”.

Loli desde Vilaxoán cóntanos como, ás veces, falar galego é un verdadeiro acto de resistencia en situación nas que parte dunha posición de inferioridade, por exemplo, por se enfrontar ao seu xefe.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Unha resposta a “O galego tamén é unha forma de resistir”

  1. Pingback: O galego tamén é unha forma de resistir

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s