Unha historia con papeis

No ano 2004, Chus e o seu compañeiro deciden casar, mais tiveron problemas: todos os papeis que tiñan que asinar estaban redactados en castelán.
Querían casar en galego e, como ninguén lles facía caso, atrevéronse a facer pública a noticia. Tras protestas no Valedor do Pobo, e despois de acudiren a diferentes asociacións, aos medios de comunicación e mesmo asistir a parodias no xulgado para faceren presión, conseguen que se lle fagan os impresos en galego.
Mais despois deste episodio tiveron que entrar noutra loita coa Administración, xa que o libro de familia, malia estar a plantilla redactada en galego e castelán, fora cuberta en castelán por unha funcionaria. Volveron denunciar o feito e falaron co xuíz de garda, para finalmente conseguiren que todos os papeis estivesen na súa lingua.
Que o idioma se normalice dende a Administración foi o único que pedía esta parella, e aseguran que hai moitos documentos na Administración que aínda non están redactados en galego.

Chus, aquí, cóntanos a súa história…

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s