“Falando en galego non se era ser xente”

Entre Santiago e Carnota hai case unha hora de camiño en coche. Nos anos 40 e 50, a distancia medíase en días. Porén, a pesar dos quilómetros, as realidades lingüísticas eran moi similares. Luz Fandiño desde Compostela e Marisa Beiro desde Carnota explícannos como o galego carecia de consideración ningunha.
“Falando en galego non se era ser xente”. Con estas palabras Luz cóntanos como relegaban a lingua galega e as persoas que o falaban á categoría de “brutos e brutas”. A cuestión era ridiculizar a todas as persoas que falaran en galego.
Pola outra banda, Marisa analiza a situación do idioma nos anos da súa infancia e mocidade. O castelán era a lingua de prestixio, e o galego a lingua d@s pobres e da miseria. O castelán estaba ligado coa mellora de calidade de vida e a xente, para prosperar, cambiaba de lingua como elemento diferenciador.
Marisa e Luz fannos ver a diglosia que se daba nos anos da posguerra. A pregunta agora é: segue existindo esa diglosia? séguese considerando unha lingua mellor que a outra? ten máis prestixio o castelán ca o galego?


Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s