Pepa Baamonde

Coñecer a Pepa Baamonde é coñecer as inxustizas legais, é coñecer a diglosia que existía e aínda existe no noso país, é coñecer a historia de moitas galegas e galegos, é coñecer o absurdo, é coñecer a situación dun país, é coñecer a loita, é coñecer a convicción, é coñecer unha grande persoa que viviu ao longo da súa vida situacións tensas, duras e, por veces, ilóxicas, mais sempre coa convinción de que a lingua é parte fundamental das galegas e galegos.

Coñecer a Pepa Baamonde é imprescindíbel para pararse e reflexionar sobre a situación da lingua galega e das persoas que a falan.

Entrevistamos a Pepa, e entre o material de máis de dúas horas que gravamos con ela nunha conversa enriquecedora, seleccionamos as partes máis relevantes e significativas, permitíndonos así facer un percorrido pola súa vida e experiencia coa lingua como mestra e como loitadora polos dereitos das e dos falantes galegófonos.

O reencontro co galego e Os primeiros anos de escola


Para coñecer a Pepa hai que comezar polo principio: despois de rematar a carreira de Maxisterio comeza da dar aulas ao longo da Galiza profunda na década dos 70 onde se encontra coa primeira contradición con respecto á lingua: por qué ela fala castelán mentres que o seu alumnado o fai en galego? Ante esta cuestión comeza o seu proceso de reencontro coa lingua da súa terra.

O conflito de Rois

Despois de varios anos percorrendo Galicia, Pepa chega á escola de Rois, preto de Compostela. Alí, despois dun ano, en 1980 foi expedientada por dar as aulas en lingua galega. É a primeira persoa represaliada pola Consellería de Educación por utilizar o galego como lingua vehicular na aula.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

2 respostas a Pepa Baamonde

  1. Cristina S. Marchán di:

    Parabéns, mozas, por botar a andar as vosas ideas e proxectos, e polo ben que pinta o que levades feito. E moito ánimo para o futuro, que estou segura de que o resultado pagará a pena. Agora, a espallar a mesaxe entre tod@s!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s