O inicio

Por fin comeza a nosa andaina!!

E co paso dos días iremos conformando, pasiño a pasiño, un documental onde a protagonista é a Lingua Galega. Camiñaremos polas rúas das cidades e vilas, polos camiños das aldeas e polas rutas polas que pasean aquelas persoas que falan galego e que ademais teñen algo que contarnos sobre a súa experiencia coa lingua.

A experiencia vital en torno ao galego será o tema primordial para desenvolver o proxecto titulado O galego vivencial. Recuperación da memoria histórica da lingua galega en Galicia, proxecto que conta ademais, coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Con este proxecto achegaremos á mocidade de toda Galicia unha pequena parte da historia da lingua galega contemporánea e daremos a coñecer as experiencias vitais contadas polas súas propias protagonistas. Unha historia contada en primeira persoa por xente diversa con vivencias diferentes recollidas finalmente nun documental.

E así, paso a paso, publicación a publicación, iremos creando interactivamente este portal aberto a todas as persoas que estean interesadas no tema ou que desexen participar no noso proxecto.

Esta entrada foi publicada en A memoria da lingua, Documentais. Ligazón permanente.

7 respostas a O inicio

  1. pilar di:

    iniciativas coma esta son as necesarias para que a nosa lingua perdure. graciñas

  2. Sabela Tarabela di:

    Noraboa polo proxecto! e obrigada de parte de todas aquelas persoas que falan e aman a lingua galega. Moita sorte polo camiño! (e no que vos poida botar unha man, xa sabedes onde me atopo 😉 beijos!

  3. zeltia di:

    Neste proxecto ate parece interesante vivilo!

    Farei por ilo vivindo da vosa man… que non é o mesmo, pero é igual.

  4. Pingback: A memoria da lingua (documental) « Sae da cuncha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s