As Candongas do Quirombo é un colectivo poético-audiovisual que nace da man de Andrea Nunes Brións e Raquel Rei Branco, co desexo de incrementar o audiovisual galego con produtos creativos baixo unha perspectiva feminista, colectiva e cooperativa. O colectivo está aberto a multitude de mulleres diversas sen límites xeográficos nin lingüísticos, que coa súa participación contribúan, ben sexa en momentos puntuais como ao longo do tempo, a aumentar a nosa produción audiovisual e poética. Así, As Candongas do Quirombo está composto por mulleres que traballan para ensinar o mundo desde unha perspectiva crítica, creativa e feminista.
As temáticas dos nosos traballos son múltiples, porque como persoas preocupámonos e implicámonos en diversas cuestións que van desde a situación da muller até as problemáticas lingüísticas na Galiza, pasando pola ecoloxía, a educación ou o respecto polas culturas. Non nos poñemos límites nas temáticas porque non queremos límites nas nosas vidas.
Tamén realizamos traballos por encargo para institucións, colectivos ou particulares xa que contamos co noso propio material técnico para poder cubrir as demandas e adaptarnos a situacións ou requirimentos concretos. A intención é autoxestionarmonos para poder vivir e levar a cabo os nosos proxectos particulares.
As Candongas do Quirombo é un colectivo plural, feminista, creativo, preocupado, innovador, comprometido e autoxestionado.

“As Candongas do Quirombo é un colectivo plural, feminista…” Como se pode ser plural e feminista? sen comentarios…
non hai feminismo sen pluralidade
Adoro as Candongas. Ánimo e saúde!
Si, ánimo. Este sitio é parte do outro lugar. Ogallá siga plural.